Amosando publicacións coa etiqueta #PFB-AFD. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #PFB-AFD. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de setembro de 2023

PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS – ACCIÓNS FORMATIVAS PARA PERSOAS DESEMPREGADAS COMARCA FERROLTERRA. (PFB-AFD)

CURSO 2023/2024


Os Programas Formativos Básicos comarca Ferrolterra son un recurso fundamental para a formación e a inserción laboral de persoas desempregadas que non obtiveron o título de ESO. Para o curso 2023/24 presentáronse un total de 44 solicitudes destacando algúns datos interesantes sobre as persoas solicitantes. 

O promedio de idade das persoas solicitantes é de 20 anos, o que indica que estos programas son unha opción válida para a mocidade que busca formarse e acceder ao mercado laboral.

Como pode observarse na  gráfica Concello de procedencia o 69% das solicitudes proveñen do Concello de Ferrol, seguido de Narón cun 29%. Isto indica que os PFB - AFD son especialmente relevantes para as persoas que viven nestas zonas.

Por outro banda, destacar a presenza de persoas con especial dificultade na inserción laboral, o que demostra que estes programas son inclusivos e están deseñados para atender ás necesidades de todas as persoas. 


Como se mostra na gráfica Dificultades específicas de inserció laboral, moitos dos estudantes que participan nos PFB - AFD experimentaron abandono escolar temperán. debido a diversas razóns, entre elas  problemas familiares de diversa índole, dificultades socioeducativas e culturais, ou dificultades de aprendizaxe. Os PFB traballan na reincorpoción destas persoas no sistema educativo e bríndanlles unha segunda oportunidade. A falta de habilidades específicas  convírtese nunha dificultade para acceder ao mercado laboral, abordándose nestes programas esta carencia a través da formación técnica e práctica que lles permite competir en sectores laborais

Nunha sociedade en constante cambio, a mocidade pode enfrontar desafíos sociais, como a falta de apoios ou problemas de saúde mental. Os PFB ofrecen unha contorna de apoio onde o alumnado pode abordar estes problemas e aprender habilidades de afrontamento.En definitiva, os PFB son unha oferta educativa moi valiosa para a formación e inserción laboral das persoas desempregadas na comarca de Ferrolterra.


martes, 5 de xullo de 2022


 FIN DE CURSO DE CELEBRACIÓN

O noso fin de curso sempre é especial, no noso fin de curso non esperamos polas vacacións senon que abrimos unha porta que xa non se vai fechar.

Saiu ben que o 20% do total do alumnado remata cun contrato e o 10% do total do alumnado remata tamén con oferta de emprego, todos eles nas empresas onde aprenderon o oficio, Distribuciones Froiz, S.A e Alcampo.



Saiu ben que todos/as, profesiores, alumnado, titores/as de empresa, preparadora laboral, sumamos para conseguir obxectivos de mellora da empregabilidade, obxectivos de mellora dos nosos recursos persoais, obxectivos de mellora dos PFB - AFD Comarca Ferrolterra.

 


De novo PARABÉNS e desexarvos que continuedes o voso camiño sen conformarvos.