Amosando publicacións coa etiqueta #Desenvolvemento profesional. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta #Desenvolvemento profesional. Amosar todas as publicacións

xoves, 28 de setembro de 2023

PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS – ACCIÓNS FORMATIVAS PARA PERSOAS DESEMPREGADAS COMARCA FERROLTERRA. (PFB-AFD)

CURSO 2023/2024


Os Programas Formativos Básicos comarca Ferrolterra son un recurso fundamental para a formación e a inserción laboral de persoas desempregadas que non obtiveron o título de ESO. Para o curso 2023/24 presentáronse un total de 44 solicitudes destacando algúns datos interesantes sobre as persoas solicitantes. 

O promedio de idade das persoas solicitantes é de 20 anos, o que indica que estos programas son unha opción válida para a mocidade que busca formarse e acceder ao mercado laboral.

Como pode observarse na  gráfica Concello de procedencia o 69% das solicitudes proveñen do Concello de Ferrol, seguido de Narón cun 29%. Isto indica que os PFB - AFD son especialmente relevantes para as persoas que viven nestas zonas.

Por outro banda, destacar a presenza de persoas con especial dificultade na inserción laboral, o que demostra que estes programas son inclusivos e están deseñados para atender ás necesidades de todas as persoas. 


Como se mostra na gráfica Dificultades específicas de inserció laboral, moitos dos estudantes que participan nos PFB - AFD experimentaron abandono escolar temperán. debido a diversas razóns, entre elas  problemas familiares de diversa índole, dificultades socioeducativas e culturais, ou dificultades de aprendizaxe. Os PFB traballan na reincorpoción destas persoas no sistema educativo e bríndanlles unha segunda oportunidade. A falta de habilidades específicas  convírtese nunha dificultade para acceder ao mercado laboral, abordándose nestes programas esta carencia a través da formación técnica e práctica que lles permite competir en sectores laborais

Nunha sociedade en constante cambio, a mocidade pode enfrontar desafíos sociais, como a falta de apoios ou problemas de saúde mental. Os PFB ofrecen unha contorna de apoio onde o alumnado pode abordar estes problemas e aprender habilidades de afrontamento.En definitiva, os PFB son unha oferta educativa moi valiosa para a formación e inserción laboral das persoas desempregadas na comarca de Ferrolterra.


mércores, 28 de xuño de 2023

PROCURA DE EMPREGO EN FERROLTERRA

Na comarca de Ferrolterra, atópanse os Programas Formativos Básicos que te abrirán as portas ao mundo laboral. O primeiro é o PFB de Actividades Auxiliares de Almacén, deseñado para aquelas persoas interesadas en adquirir habilidades clave no manexo eficiente de mercadorías e loxística. O segundo programa é PFB de Industrias Alimentarias, onde poderás aprender os oficios de carnicería, chacinería, peixería e da produción e procesamento de alimentos.


Estos programas, ofrecidos coa colaboración entre a Consellería de Educación e a Consellería de Promoción del Empleo e Igualdade da Xunta de Galicia, destacan polo seu enfoque práctico e se realizan nun entorno laboral real. Esto significa que as persoas participantes tenrán a oportunidade de aplicar os coñecementos teóricos adquiridos en empresas colaboradoras de renome como son Dsitribuciones Froiz, S.A ou Rilo Maquinaria. Esta experiencia nun entorno laboral brinda unha vantaxe significativa á hora da procura de emprego, xa que o alumnado se familiariza cos desafíos e dinámicas do sector industrial.


A formación en Actividades Auxiliares de Almacén e Industrias Alimentarias adáptase ás demandas e necesidades do mercado laboral actual, asegurando que as persoas que aprobans estén equipadas coas habilidades e coñecementos relevantes para destacarse nos seus futuros empregos. Os alumnado tamén recibirá o apoio de profesionais experimentados e dedicados, quenes brindarán orientación e seguimento durante todo o proceso formativo.


Si estás na procura dunha formación para o emprego en Ferrolterra que te proporcione unha experiencia práctica nun entorno laboral real, non podes deixar pasar a oportunidade de unirte a os nosos programas. Pincha AQUÍ para descargar a túa solicitude ou achégate polo IES de Catabois