Os Programas Formativos Básicos - Accións Formativas para Desempregados (PFB-AFD) Comarca Ferrolterra, están dirixidos a persoas de 16 a 29 anos que non teñen o título de graduado en ESO cuns obxectivos claros:
Este programa leva desenvolvéndose dende hai 20 anos na nosa comarca cun bo grao de inserción laboral.
- Recibir unha formación inicial nunha profesión
- A inserción laboral do alumnado
- Continuar a súa formación académica
Este programa leva desenvolvéndose dende hai 20 anos na nosa comarca cun bo grao de inserción laboral.
Debido aos cambios na lexislación educativa, pasou por moi diversas denominacións durante deste tempo, e que moitos coñecerán: dende o curso 2001/2002, chamáronse Programas de Garantía Social - modalidade B, de Iniciación Profesional (PIP); dende o curso 2008/2009 adquiren a denominación de Programas de Cualificación Profesional Inicial (PCPI), despois Formación Profesional Básica (FPB) para, na actualidade denominarse Programas Formativos Básicos (PFB)
Este programa foi o froito da colaboración entre varios institutos de educación secundaria (IES) e centros públicos integrados (CPI) ao longo destes anos e que, na actualidade, leva a cabo o IES de Catabois - Ferrol: Comercio e Industrias alimentarias
Ademais dos institutos, moitas outras foron as entidades que participaron neste programa:
- Entidades públicas: Concellos da comarca, Ferrol, Narón, Fene, Neda, e os seus Servizos de Benestar e Centros de Emprego, Servizo Público de Empreo e oficinas do INEM, Servizos e equipos diversos de orientación profesional e laboral, Universidade de A Coruña, IES de Leixa, Corpo Nacional da Policía e Garda Civil do Ministerio do Interior
- Entidades sen ánimo de lucro: Asfedro, Aspaneps, Cáritas, Cogami, Cooperativa do Val, Dignidad, Fundación Camiña Social, Quérote, Secretariado Xitano, Stop Accidentes, Teima, Universidade de A Coruña,...
A estas entidades, temos que engadir, dende hai oito anos, o importante acordo de colaboración entre as dúas consellerías, a de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a de Economía, Emprego e Industria, necesario para desenvolver estes programas.
Neste programa primamos a formación práctica, que é a que lle vai dar ao alumnado a formación necesaria para poder conseguir un contrato. Ao remate do curso poden chegar a realizar ata unhas 400-500 horas de prácticas en empresa.
Neste programa primamos a formación práctica, que é a que lle vai dar ao alumnado a formación necesaria para poder conseguir un contrato. Ao remate do curso poden chegar a realizar ata unhas 400-500 horas de prácticas en empresa.
Moitos foron os/as alumnos e alumnas que iniciaron a súa formación con nós nunha profesión e que, a día de hoxe, son verdadeiros profesionais nela, podendo velos na actualidade en moitas empresas da nosa comarca.
Ningún comentario:
Publicar un comentario