martes, 16 de marzo de 2021


ORIENTACIÓN LABORAL CON PERSPECTIVA DE XÉNERO

O día 9 de marzo co motivo do Día Internacional das Mulleres realizouse unha actividade organizada por Carmen Río, coordinadora dos PFB, Belén García, Orientadora educativa, Iria Méndez, profesora de igualdade e Sonia Prados, preparadora laboral, para todo o centro IES de Catabois, este ano adicado a mulleres da nosa contorna que fan que o mundo sexa máis igualitario.


Invitouse a dona Evangelina Hermida, muller de 90 anos, poeta e amante da terra e do mar, que, dende Valdoviño, nos falou da súa experiencia como percebeira e da súa loita para coidar da familia facéndose cargo dos traballos reproductivos nunha vila rural á vez que de traballos productivos de lavandeira, cociñeira e froiteira, e como di ela “podía con todo”.


Tamén participou no evento dona Mª Teresa Gómez , directora deste centro educativo, facendo fincapé na cantidade de mulleres nas dirección dos centros educativos, que aínda que todavía non se chega á paridade este número vaise incrementando. Explicou tamén, con respecto ás relacións laboráis que aínda se detectan, nalgúns ámbitos, expresións micromachistas para referirse as mulleres.

Seguidamente falou Paula Meizoso Alonso. Contounos que as súas gañas de facer o que máis lle gustaba levárona a estudar o 1º ciclo superior de FP de Electrónica, onde foi a única alumna, e mais adiante, tendo claro que o que quería era adicarse ao mundo da informática, recíclase e estuda o 2º ciclo superior de FP de Administración de redes informáticas que lle levou ao seu traballo actual iniciado xa coas prácticas na empresa.

A continuación relátanos a súa experiencia dona Carmen Río Reboredo, profesora de tecnoloxía, cando foi estudante de Ciencias Físicas, onde, naqueles anos, os seus profesores de universidade, sobre todo os de obradoiro, lle dicían explicitamente que aquel non era lugar para mulleres e que tiveron que demostrar que valían e loitar por aquel sitio.

Invitouse a tres alumnas unha dos PFB Rebeca Morales Núñez e dúas de 4º da ESO Sara Lorenzo e Alba Montero.

Rebeca que agora está neste curso co único obxectivo de conseguir un contrato laboral, contounos a súa experiencia migratoria en dous países Perú e España, falounos das dificultades polas que teñen que pasar as persoas cando deciden facer uso do seu dereito a migrar, dificultades xurídicas, burocráticas e de dobre discriminación por ser muller e migrante


Alba e Sara describíronnos como lles gustaría que fose a súa vida dentro de dez anos, polo que se enfrentan a decisións sobre o seu futuro laboral, para o cal entenden que é necesario que exista conciliación laboral e corresponsabilidade nos coidados coas súas futuras parellas.


Agora veñen os agradecementos 1º ás poñentes da mesa pola súa presenza na mesma, tanto física como virtual, ao claustro e ao resto do alumnado do IES que, aínda que con moitas limitacións técnicas, puido seguir a videoconferencia e participar coas súas preguntas a través do chat