CURSO 2023/2024
Os Programas Formativos Básicos comarca Ferrolterra son un recurso fundamental para a formación e a inserción laboral de persoas desempregadas que non obtiveron o título de ESO. Para o curso 2023/24 presentáronse un total de 44 solicitudes destacando algúns datos interesantes sobre as persoas solicitantes.
Como pode observarse na gráfica Concello de procedencia o 69% das solicitudes proveñen do Concello de Ferrol, seguido de Narón cun 29%. Isto indica que os PFB - AFD son especialmente relevantes para as persoas que viven nestas zonas.
Por outro banda, destacar a presenza de persoas con especial dificultade na inserción laboral, o que demostra que estes programas son inclusivos e están deseñados para atender ás necesidades de todas as persoas.
Nunha sociedade en constante cambio, a mocidade pode enfrontar desafíos sociais, como a falta de apoios ou problemas de saúde mental. Os PFB ofrecen unha contorna de apoio onde o alumnado pode abordar estes problemas e aprender habilidades de afrontamento.En definitiva, os PFB son unha oferta educativa moi valiosa para a formación e inserción laboral das persoas desempregadas na comarca de Ferrolterra.