Grazas á colaboración da
asociación AESLEME e o programa “Pódeche pasar a ti”, o poñente Juan Antonio
Gutiérrez Mosquera mostroulle aos alumnos e alumnas vídeos sobre os perigos de conducir
baixo os efectos de alcohol e drogas, e de que xeito os impactos nun accidente
de tráfico poden incidir na túa vida futura, se é que non a perdes, como sucede en
moitos casos.
AESLEME (Asociación para o Estudo
da Lesión Medular Espinal) é unha asociación dedicada á prevención daqueles
accidentes que provocan lesións medulares e cerebrais, así como á
sensibilización social, non só para diminuir a cifra de falecidos e feridos,
senón tamén para transmitir á poboación os problemas –sociais, psicolóxicos e
físicos- aos que se enfrontan as persoas discapacitadas despois dun accidente.
O poñente tamén nos mostrou como
unha persoa nunha cadeira de rodas ten que adaptarse á nova situación, e cómo ten
que solventar as distintas dificultades coas que se atopa, facendo fincapé en que
depende de todos nós, respectar aos que teñen limitada a súa mobilidade e
acceso, tanto físico como intelectual, á vida cotiá.
Toda unha lección de vida para os
nosos alumnos que esperamos que tomen nota.
Ningún comentario:
Publicar un comentario