venres, 8 de xuño de 2018

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIARIA


Grazas á colaboración da asociación AESLEME e o programa “Pódeche pasar a ti”, o poñente Juan Antonio Gutiérrez Mosquera mostroulle aos alumnos e alumnas vídeos sobre os perigos de conducir baixo os efectos de alcohol e drogas, e de que xeito os impactos nun accidente de tráfico poden incidir na túa vida futura, se é que non a perdes, como sucede en moitos casos.
AESLEME (Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espinal) é unha asociación dedicada á prevención daqueles accidentes que provocan lesións medulares e cerebrais, así como á sensibilización social, non só para diminuir a cifra de falecidos e feridos, senón tamén para transmitir á poboación os problemas –sociais, psicolóxicos e físicos- aos que se enfrontan as persoas discapacitadas despois dun accidente.
O poñente tamén nos mostrou como unha persoa nunha cadeira de rodas ten que adaptarse á nova situación, e cómo ten que solventar as distintas dificultades coas que se atopa, facendo fincapé en que depende de todos nós, respectar aos que teñen limitada a súa mobilidade e acceso, tanto físico como intelectual, á vida cotiá.
Toda unha lección de vida para os nosos alumnos que esperamos que tomen nota.


Ningún comentario:

Publicar un comentario