xoves, 8 de xuño de 2023

ACTIVIDADES ÚLTIMO SEMESTRE

  

No último semestre, os Programas Formativos Básicos Comarca Ferrolterra brindaron ás persoas participantes unha serie de actividades enriquecedoras e experiencias de aprendizaxe. Desde visitas a museos de ciencia até sesións de lingua de signos e colaboracións con asociacións e empresas locais, o alumnado tivo a oportunidade de adquirir coñeocimentos prácticos e desenvolver habilidades profesionais. Algunhas destas actividades foron:

Visita aos Museos de Ciencia da Coruña: O alumnado tivo a oportunidade de explorar o Aquarium Finisterrae e outros museos relacionados coa ciencia e a tecnoloxía. Durante estas visitas, poideron ampliar o seu coñecemento sobre diversos temas científicos e disfrutar de experiencias interactivas e educativas.



Sesión de Aprendizaxe de Lingua de Signos:

Coa colaboración da Asociación de Persoas Xordas de Ferrolterra, levouse a cabo unha sesión de aprendizaxe de lingua de signos. O alumnado tivo a oportunidade de adquirir coñecementos básicos sobre esta lingua e sensibilizarse sobre as necesidades das persoas xordas. Esta experiencia tiña o obxectivo de promover a inclusión e o entendimento mutuo entre diferentes grupos.



Sesións  para o desenvolvemento de ideas para o emprendemento:

Co obxectivo de fomentar o espíritu emprendedor e a creatividade, se organizaron varias sesións en colaboración con AJE Ferrolterra (Asociación de Jóvenes Empresarios). Durante estas sesións, o alumnado puido aprender sobre diferentes aspectos do emprendemento, como o desarrollo de ideas innovadoras. Estas actividades permitíronlles explorar a súa creatividade e obter coñecementos básicos sobre o mundo empresarial.


Visita de exalumnas contratadas en empresas da Comarca:

Unha das partes máis inspiradoras do último semestre foi a visita de exalumnas. Estas exalumnas compartiron as súas experiencias e os resultados positivos que obtuveron ao pasar polo curso. As súas historias de éxito motivaron ao alumnado e mostráronlles as oportunidades reais que poden xurdir despois de completar os programas formativos.


Prácticas en Empresas:

Como parte integral dos Programas Formativos, o alumnado tivo a oportunidade de realizar prácticas en empresas de la comarca, como Distribuciones Froiz, S.A, Alcampo, S.A, Agroflor, Cash IFA, Rilo Maquinaria. Estas prácticas permítenlles aplicar os coñecementos adquiridos nun entorno real de traballo e obter experiencia práctica nun oficio específico. O obxectivo final destas prácticas é brindar ao alumnado a oportunidade de aprender un oficio e, o máis importante, obter un contrato de traballo.

martes, 3 de xaneiro de 2023

PFB-PEAFD COMARCA FERROLTERRA NO IES CATABOIS


 RESUMO DO PRIMEIRO TRIMESTRE

Este curso os programas formativos básicos os forman dúas especialidades a  de Industrias alimentarias e Almacén como nova especialidade.

Dimos o comezo de curso o día 6 de outubro do 2022 con 29 alumnos/as, tal vez, 29 ilusións das que foron medrando 21 e as outras 8 decidiron variar o seu camiño.

A especialidade de Almacén desenvolveu os módulos profesionais na empresa Rilo Maquinaria e a súa docente foi Rosa Díaz Fernández. O alumnado manexou as carretillas e desenvolveu o módulo de prevención de riscos laborais tan importante para o seu futuro laboral.


A especialidade de Industrias alimentarias continúa a desenvolver os seus módulos profesionais nos distintos centros de traballo da empresa Distribuciones Froiz distribuídos por varios concellos (Ferrol, Narón, Pontedeume). O alumnado desta especisalidade está aprendendo chacinería, carnicería, peixería, froitería, distintos oficios moi demandados que até agora a única formación válida realízase na empresa.

 Esta maneira de aprender proporciona experiencia, é dicir, evita a "falla de experiencia á que calqueira xoven se enfrenta no seu primeiro emprego e que á súa vez causa discriminación por idade, mellora no alumnado, non so os seus coñecementos técnicos do oficio,  senon tamén a súa empregabilidade, as súas competencias profesionais para acceder a un emprego. Así o explica o Artigo do xornal ¨La voz de Galicia" do 5 de  decembro de 2022: Formación laboral y "ruptura de tabúes" en el grupo JRilo

A partir de xaneiro do 2023 e ate o 16 de xuño o alumnado da especialidade de Almacén pasará fase de prácticas non laborais noutras empresas da comarca como son Bidafarma, Mercartabria, Alcampo, Agroflor, Reciclaje de inertes del Noroeste, para continuar coa súa formación nos distintos perfís profesionais onde se levan a cabo actividades de almacenaxe.

Para facilitar que o alumnado vexa a proxección da súa formación levamos a cabo dúas actividades moi interesantes. Unha foi a visita ao centro de traballo de Bidafarma S. Coop.And en Narón (foto esquerda) na que da man de César Díaz director do centro de traballo nos presentou a actividade da empresa Bidafarma e logo nos ensinou as súas instalacións para poder visualizar o desenvolvemento do perfil profesional nun almacén. Outra actividade foi a visita ao IES de Catabois da ex-alumna dos programas no ano 2016-17 Laura Muíño Vale (foto dereita) explicándonos como foi o seu paso polos mesmos e o resultado que deron para ela, Laura quedou contratada na empresa Bidafarma despois da realización das prácticas do curso de Actividades auxiliares de almacén





 

Tamén na formación dos módulos comúns que se desenvolve para as dúas especialidades no IES de Catabois se fixeron actividades que complementan a forrmación integral do alumnado, actividades relacionadas coa igualdade de oportunidades para homes e mulleres e a saúde, neste caso coa nutrición.

Concurso "Contos e historias de-contadas"





Almorzo saudable


para rematar a entrega das esperadas notas do primeiro trimestre, que nos din ao profesorado e ao alumnado como ten que ser o seguinte paso na formación integral 






martes, 5 de xullo de 2022


 FIN DE CURSO DE CELEBRACIÓN

O noso fin de curso sempre é especial, no noso fin de curso non esperamos polas vacacións senon que abrimos unha porta que xa non se vai fechar.

Saiu ben que o 20% do total do alumnado remata cun contrato e o 10% do total do alumnado remata tamén con oferta de emprego, todos eles nas empresas onde aprenderon o oficio, Distribuciones Froiz, S.A e Alcampo.



Saiu ben que todos/as, profesiores, alumnado, titores/as de empresa, preparadora laboral, sumamos para conseguir obxectivos de mellora da empregabilidade, obxectivos de mellora dos nosos recursos persoais, obxectivos de mellora dos PFB - AFD Comarca Ferrolterra.

 


De novo PARABÉNS e desexarvos que continuedes o voso camiño sen conformarvos.





martes, 29 de xuño de 2021

 DESPEDIDA E REMATE DE CURSO

Chegou o ansiado fin de curso, despois de moitas mascariñas e distancias.

Queremos agradecer ás empresas que participaron no programa, Distribuciones Froiz e Alcampo. tanto na formación como nas prácticas non laborais o acollemento do noso alumnado co fin último de formar a futuros trablladores/as da comarca


Entrega diploma Froiz Sol



Entregouse en cada centro de traballo un diploma de participación no programa, en agradecemento as labores da titoría na empresa tan necesaria para a formación laboral do noso alumnado, facendo labores de formación no posto de traballo, de transmisión de valores e xerando curiosidade por aprender mais.



GRAZAS!!!



martes, 11 de maio de 2021

CENTENARIO EMILIA PARDO BAZÁN

LAS MEDIAS ROJAS

Unha das súas críticas coñecidas da escritora galega foi:

"Este sistema educativo, onde predominan as medias tintas, e onde se evita como un sacrilexio o afondar e o consolidar, dá o resultado inevitable; limita a muller, estréitaa e mínguaa, facéndoa máis pequena aínda có tamaño natural, e manténdoa nunha perpetua nenez". (La mujer española)

Hoxe en día, Pardo Bazán, ao igual ca outras contemporáneas como a ilustrada galega Concepción Arenal, está considerada como unha das precursoras do movemento feminista en España. Ao longo da súa obra criticou a degradación e marxinalidade da muller e expresou o seu desexo de crear para as mulleres una educación e unha formación intelectual igual cá dos homes.

Un das actividades realizadas polo noso alumnado dos Programas Formativos Básicos de Comercio e de Industrias alimentarias no IES de Catabois foi a realización do video que aparece a continuación cos debuxos, feitos por eles/as,  relacionados coa lectura do conto "Las medias rojas"





luns, 26 de abril de 2021

 

MÓDULO MANEXO DE CARRETILLAS ELEVADORAS


Os días 12 e 13 de abril a empresa Rilo Maquinaria impartiu a formación  sobre o manexo da carretilla elevadora e a transpaleta para o curso de Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria

O alumnado realizou as prácticas nunha Carretilla Manitou MI 25D acompañando sempre estas prácticas coa información pertiennte sobre os riscos laborais existentes cando se realiza este tipo de traballo. 



Este curso favorece a empregabilidade do noso alumnado, xa que lles permite realizar tarefas relacionadas co manexo de cargas. 

Estamos agradecidos á empresa pola súa implicación nesta formación do noso alumnado



martes, 16 de marzo de 2021


ORIENTACIÓN LABORAL CON PERSPECTIVA DE XÉNERO

O día 9 de marzo co motivo do Día Internacional das Mulleres realizouse unha actividade organizada por Carmen Río, coordinadora dos PFB, Belén García, Orientadora educativa, Iria Méndez, profesora de igualdade e Sonia Prados, preparadora laboral, para todo o centro IES de Catabois, este ano adicado a mulleres da nosa contorna que fan que o mundo sexa máis igualitario.


Invitouse a dona Evangelina Hermida, muller de 90 anos, poeta e amante da terra e do mar, que, dende Valdoviño, nos falou da súa experiencia como percebeira e da súa loita para coidar da familia facéndose cargo dos traballos reproductivos nunha vila rural á vez que de traballos productivos de lavandeira, cociñeira e froiteira, e como di ela “podía con todo”.


Tamén participou no evento dona Mª Teresa Gómez , directora deste centro educativo, facendo fincapé na cantidade de mulleres nas dirección dos centros educativos, que aínda que todavía non se chega á paridade este número vaise incrementando. Explicou tamén, con respecto ás relacións laboráis que aínda se detectan, nalgúns ámbitos, expresións micromachistas para referirse as mulleres.

Seguidamente falou Paula Meizoso Alonso. Contounos que as súas gañas de facer o que máis lle gustaba levárona a estudar o 1º ciclo superior de FP de Electrónica, onde foi a única alumna, e mais adiante, tendo claro que o que quería era adicarse ao mundo da informática, recíclase e estuda o 2º ciclo superior de FP de Administración de redes informáticas que lle levou ao seu traballo actual iniciado xa coas prácticas na empresa.

A continuación relátanos a súa experiencia dona Carmen Río Reboredo, profesora de tecnoloxía, cando foi estudante de Ciencias Físicas, onde, naqueles anos, os seus profesores de universidade, sobre todo os de obradoiro, lle dicían explicitamente que aquel non era lugar para mulleres e que tiveron que demostrar que valían e loitar por aquel sitio.

Invitouse a tres alumnas unha dos PFB Rebeca Morales Núñez e dúas de 4º da ESO Sara Lorenzo e Alba Montero.

Rebeca que agora está neste curso co único obxectivo de conseguir un contrato laboral, contounos a súa experiencia migratoria en dous países Perú e España, falounos das dificultades polas que teñen que pasar as persoas cando deciden facer uso do seu dereito a migrar, dificultades xurídicas, burocráticas e de dobre discriminación por ser muller e migrante


Alba e Sara describíronnos como lles gustaría que fose a súa vida dentro de dez anos, polo que se enfrentan a decisións sobre o seu futuro laboral, para o cal entenden que é necesario que exista conciliación laboral e corresponsabilidade nos coidados coas súas futuras parellas.


Agora veñen os agradecementos 1º ás poñentes da mesa pola súa presenza na mesma, tanto física como virtual, ao claustro e ao resto do alumnado do IES que, aínda que con moitas limitacións técnicas, puido seguir a videoconferencia e participar coas súas preguntas a través do chat