mércores, 21 de xuño de 2023

FIN DE CURSO E VALORACIÓN DE RESULTADOS

 Durante o curso 2022/2023, se implementaron os Programas Formativos Básicos de Formación Profesional co obxectivo de brindar oportunidades de aprendizaxe e desenvolvemento de habilidades a persoas desempregadas. 

Para o éxito dos PFB-AFD, establecéronse convenios entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, o ES de Catabois e as empresas de formación e prácticas. Esta colaboración permitiu aproveitar os recursos e coñecementos de cada entidade para ofrecer unha formación integral.

En termos de resultados, rexistrouse unha tasa de inserción laboral do 10.3%, o que representa unha porcentaxe significativa das persoas participantes que completaron os programas.

O próximo curso 2023/2024 plantéxanse novas oportunidades e desafíos para os Programas Formativos Básicos comarca Ferrolterra. Espérase ampliar o desenvolvemento dos programas mediante a sinatura de convenios entre as institucións educativas e as empresas da comarca para a realización da formación e as prácticas do alumnado participante.

Necesidades e melloras para o futuro: Para optimizar os Programas Formativos Básicos omarca Ferrolterra, identificáronse certas necesidades e áreas de mellora. Estas inclúen a adaptación dos programas ás demandas laborais actuais, como a formación en habilidades dixitais, a ampliación dos prazos de solicitude das becas de axuda ao estudo, a mejora da coordinación entre as diferentes institucións e a promoción da igualdade de xénero na elección dos perfís profesionais.

Cun enfoque nas necesidades formativas e laborais da comarca Ferrolterra, espérase que os Programas Formativos Básicos sigan sendo unha ferramenta valiosa para fomentar o emprego e brindar oportunidades ás persoas desempregadas, e contribuir ao desenvolvemento económico e social da Comarca.

E por último un fin de curso emocionante de celebración de resultados e de éxitos, de novos comezos e de continuación de camiños xa empezados. PARABÉNS A TODO O ALUMNADO





Ningún comentario:

Publicar un comentario