venres, 22 de maio de 2020

REMATE DA FASE DE FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO

Considerando o estado de alarma debido ao Covid-19 no que nos atopamos, e en función da normativa publicada con respecto ao desenvolvemento da FCT (Formación en Centros de Traballo) no curso 2019/2020 (Resolución do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos do Centro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia -Cecop-, do 5 de maio de 2020).

O alumnado dos PFB-AFD Comarca Ferrolterra iniciou en xaneiro a fase de FCT e foi cancelada o 12 de marzo polo estado de alarma. En función deste período de tempo, está cumplido o mínimo de horas establecidas na mencionada resolución.

Por todo isto COMUNICAMOS o remate da fase de FCT do curso 2019/2020 con data 13 de marzo de 2020.

Non tardaremos en volvernos a ver. Moito ánimo a todas e todos!!

domingo, 29 de setembro de 2019

PRESENTACIÓN OFICIAL DO CURSO E SINATURA DE CONVENIO

 O pasado venres 27 de setembro no Centro Cultural Torrente Ballester de Ferrol, realizouse o acto de presentación do curso 2019/2020.


 Ás 11,30h. asinouse o convenio de colaboración entre os institutos participantes e as empresas de formación, a saber:

Institutos:                        Empresas:
IES Canido                      Gestión Plus SLU
IES de Catabois              Limpiezas Limbes SL
IES Ferrol Vello              Distribuciones Froiz SA
IES Fernando Esquío      Rilo Maquinaria SL

 Este primeiro período de formación impartido por estas empresas nos seus centros de formación, é moi importante para afrontar e xaneiro a fase de prácticas en todo tipo de empresas da comarca.


 Ás 12h. levouse a cabo a inauguración oficial na que participaron, de esquerda a dereita na foto, a representante das empresas, Laura Vilar (Gestión Plus SLU), o alcalde do concello de Neda, Ángel Alvariño, a 2ª tenente de alcalde do concello de Ferrol, Mayte Deus, e o director do IES Fernando Esquío de Neda, Félix Massó, que fixo de condutor deste acto.

 Todos deron en resaltar a importancia destes programas na comarca que, cunha traxectoria de 18 anos, levaron a moitos rapaces e rapazas a insertarse no mundo laboral. Con este desexo para todas e todos...


... dámosvos a BENVIDA  ao CURSO 2019/2020!!!!!


venres, 21 de xuño de 2019

2019/2020 PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS

FPB Comarca Ferrolterra










CURSO 2019 / 2020
ADMISIÓN, SELECCIÓN E MATRÍCULA
                                                 
- Requisitos:
  • 16 anos cumpridos o día 1 de outubro
  • Non ter a ESO ou titulación equivalente nin superior
  • Superar un proceso de selección no mes de setembro
- Presentación de solicitudes de admisión:
  • Modelo de solicitude: pincha aquí
  • Do 1 ao 12 de xullo
  • Do 2 ao 13 de setembro
      - Entrevistas: Xa realizadas
      - Publicación de admitidos/as: 
           - Reunión cos seleccionados/as:
      • Xoves, 19 de setembro
        • Servizos de Restauración, IES Canido, 09.30 h
        • Comercio e Limpeza, IES de Catabois, 12.00 h
        • Industrias Alimentarias, IES Ferrol Vello, 12.00 h
        • Almacén, IES Fernando Esquío, 10.00 h
      - Presentación pública:
      • Venres, 27 de setembro, 12.00 h, Centro Cultural Torrente Ballester
      - INICIO DO CURSO
      • 30 de setembro nos Institutos
      • 2 de outubro nas empresas de formación

      ACTO FIN DE CURSO

      E xa estamos rematando o curso... E para facelo da mellor maneira, temos organizado un acto de clausura e de entrega de diplomas ao alumnado.

      Esperamos contar neste evento coa presenza do alumnado (por suposto!), familias, amigos, institutos, empresas, autoridades das dúas consellerías e dos concellos participantes neste programa, así como coa representación de moitas entidades que colaboraron con nós ao longo deste curso.

      CONTAMOS CON TODOS E TODAS VÓS!!!

      mércores, 12 de xuño de 2019

      BÚSQUEDA DE EMPREGO: A ENTREVISTA DE SELECCIÓN

      Parte da formación dos nosos programas é a búsqueda activa de emprego. Neste mes de xuño adicámonos en grande media á elaboración do currículo, escribir unha carta de presentación para darnos a coñecer nas empresas, preparar unha entrevista de traballo e utilizar as novas tecnoloxías como ferramentas útiles para conseguir un emprego (portais, buscadores e apps).

      En colaboración co Hotel Almirante-Carrís Hoteles, programamos unha actividade na que, a partir das entrevistas reais de selección realizadas pola subdirectora do hotel ao noso alumnado, e gravadas en vídeo, analizáronse diversos aspectos a ter en conta para que esa entrevista teña éxito.








      Agradecemos ao Hotel Almirante-Carrís Hoteles, e en particular á súa subdirectora, Mercedes Porto Brage, ó interese e a colaboración desinteresados nesta actividade.

      martes, 14 de maio de 2019

      RCP (Reanimación Cardio-Pulmonar)

      O Servizo de Formación da Área Sanitaria de Ferrol pertencente ao SERGAS impartiu un obradoiro de RCP ao alumnado dos Programas Formativos Básicos. O obxectivo fundamental é a rápida actuación ante a posibilidade de parada cardiorespiratoria.


      En Galicia as enfermidades cardiovasculares constitúen un dos problemas de sáude máis importantes. Debemos concienciarnos da importancia do recoñecemento dos sinais de morte súbida, así como das técnicas básicas para a reanimación cardiopulmonar. A RCP duplica as posibilidades de supervivencia da vítima.

      Salvar unha vida pode estar nas nosas mans!!!

      IMAXE PERSOAL

      Un ano máis, o IES Carvalho Calero organizou un obradoiro Imaxe Persoal. Outra faceta a coidar nesa formación integral de cara ao mundo laboral. É a nosa carta de presentación no instituto, pero tamén no traballo, nunha entrevista.
      As  alumnas do 2º curso do ciclo de grao medio de Estética e Beleza fixeron unha presentación cunhas normas básicas de aseo e coidado persoal. A continuación, fixeron unha práctica cun cambio de imaxe de tres alumnas que, cun atuendo e aspecto propios dunha actividade cotiá, como é ir ao instituto, foron "transformadas" (peiteado, maquillaxe e roupa) para ir a unha entrevista de traballo.