venres, 21 de xuño de 2019

2019/2020 PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS

FPB Comarca Ferrolterra










CURSO 2019 / 2020
ADMISIÓN, SELECCIÓN E MATRÍCULA
                                                 
- Requisitos:
  • 16 anos cumpridos o día 1 de outubro
  • Non ter a ESO ou titulación equivalente nin superior
  • Superar un proceso de selección no mes de setembro
- Presentación de solicitudes de admisión:
  • Modelo de solicitude: pincha aquí
  • Do 1 ao 12 de xullo
  • Do 2 ao 13 de setembro
      - Entrevistas: Xa realizadas
      - Publicación de admitidos/as: 
           - Reunión cos seleccionados/as:
      • Xoves, 19 de setembro
        • Servizos de Restauración, IES Canido, 09.30 h
        • Comercio e Limpeza, IES de Catabois, 12.00 h
        • Industrias Alimentarias, IES Ferrol Vello, 12.00 h
        • Almacén, IES Fernando Esquío, 10.00 h
      - Presentación pública:
      • Venres, 27 de setembro, 12.00 h, Centro Cultural Torrente Ballester
      - INICIO DO CURSO
      • 30 de setembro nos Institutos
      • 2 de outubro nas empresas de formación

      ACTO FIN DE CURSO

      E xa estamos rematando o curso... E para facelo da mellor maneira, temos organizado un acto de clausura e de entrega de diplomas ao alumnado.

      Esperamos contar neste evento coa presenza do alumnado (por suposto!), familias, amigos, institutos, empresas, autoridades das dúas consellerías e dos concellos participantes neste programa, así como coa representación de moitas entidades que colaboraron con nós ao longo deste curso.

      CONTAMOS CON TODOS E TODAS VÓS!!!

      mércores, 12 de xuño de 2019

      BÚSQUEDA DE EMPREGO: A ENTREVISTA DE SELECCIÓN

      Parte da formación dos nosos programas é a búsqueda activa de emprego. Neste mes de xuño adicámonos en grande media á elaboración do currículo, escribir unha carta de presentación para darnos a coñecer nas empresas, preparar unha entrevista de traballo e utilizar as novas tecnoloxías como ferramentas útiles para conseguir un emprego (portais, buscadores e apps).

      En colaboración co Hotel Almirante-Carrís Hoteles, programamos unha actividade na que, a partir das entrevistas reais de selección realizadas pola subdirectora do hotel ao noso alumnado, e gravadas en vídeo, analizáronse diversos aspectos a ter en conta para que esa entrevista teña éxito.








      Agradecemos ao Hotel Almirante-Carrís Hoteles, e en particular á súa subdirectora, Mercedes Porto Brage, ó interese e a colaboración desinteresados nesta actividade.

      martes, 14 de maio de 2019

      RCP (Reanimación Cardio-Pulmonar)

      O Servizo de Formación da Área Sanitaria de Ferrol pertencente ao SERGAS impartiu un obradoiro de RCP ao alumnado dos Programas Formativos Básicos. O obxectivo fundamental é a rápida actuación ante a posibilidade de parada cardiorespiratoria.


      En Galicia as enfermidades cardiovasculares constitúen un dos problemas de sáude máis importantes. Debemos concienciarnos da importancia do recoñecemento dos sinais de morte súbida, así como das técnicas básicas para a reanimación cardiopulmonar. A RCP duplica as posibilidades de supervivencia da vítima.

      Salvar unha vida pode estar nas nosas mans!!!

      IMAXE PERSOAL

      Un ano máis, o IES Carvalho Calero organizou un obradoiro Imaxe Persoal. Outra faceta a coidar nesa formación integral de cara ao mundo laboral. É a nosa carta de presentación no instituto, pero tamén no traballo, nunha entrevista.
      As  alumnas do 2º curso do ciclo de grao medio de Estética e Beleza fixeron unha presentación cunhas normas básicas de aseo e coidado persoal. A continuación, fixeron unha práctica cun cambio de imaxe de tres alumnas que, cun atuendo e aspecto propios dunha actividade cotiá, como é ir ao instituto, foron "transformadas" (peiteado, maquillaxe e roupa) para ir a unha entrevista de traballo.



      martes, 7 de maio de 2019

      CARRETILLAS ELEVADORAS E VISITA A GADISA

       Dentro da formación integral do alumnado, é importante aportar aquela máis directamente relacionada co traballo a desempeñar. Nesta ocasión, o curso de carretillas elevadoras foi unha desas actividades, desenvolvida na empresa Rilo Maquinarias, polo alumnado dos perfís de Almacén e Industrias Alimentarias
      Como complemento, realizaron tamén unha visita guiada ao centro loxístico que Gadisa ten no Polígono industrial de Piadela, en Betanzos. 
      Alí puideron ver a embergadura da xestión e almacenamento de miles de artigos que non necesitan refrixeración, e a súa distribución a todos os puntos de venta.

      PROGRAMA DESCUBRE-No bloquees tu salud mental (FEAFES GALICIA)

      É un programa de sensibilización e prevención sobre saúde mental e adicións desenvolvido pola Confederación e a rede SALUD MENTAL ESPAÑA e financiado polo Plan Nacional sobre Drogas (PNSD) do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade.
      Os obxectivos básicos deste programa son:
      • Ofrecer unha información non sesgada, actualizada e orientada cara a prevención do consumo de drogas, a concienciación sobre a importancia da saúde mental e a relación entre ambas.
      • Concienciar sobre o importante papel que xogan os diferentes actores sociais dentro do sistema educativo (profesorado, familia e/ou persoas achegadas, e o alumnado ou grupo de iguais) no desenvolvemento persoal da infancia e a xuventude.


      • Saber identificar os signos temperás de problemas de saúde mental e promover unha rápida demanda coñecendo os diferentes recursos e dispositivos de apoio e atención
      • Minimizar as pegadas do estigma, creando un ambiente optimista e realista sobre os transtornos mentais e o consumo de drogas.