martes, 11 de maio de 2021

CENTENARIO EMILIA PARDO BAZÁN

LAS MEDIAS ROJAS

Unha das súas críticas coñecidas da escritora galega foi:

"Este sistema educativo, onde predominan as medias tintas, e onde se evita como un sacrilexio o afondar e o consolidar, dá o resultado inevitable; limita a muller, estréitaa e mínguaa, facéndoa máis pequena aínda có tamaño natural, e manténdoa nunha perpetua nenez". (La mujer española)

Hoxe en día, Pardo Bazán, ao igual ca outras contemporáneas como a ilustrada galega Concepción Arenal, está considerada como unha das precursoras do movemento feminista en España. Ao longo da súa obra criticou a degradación e marxinalidade da muller e expresou o seu desexo de crear para as mulleres una educación e unha formación intelectual igual cá dos homes.

Un das actividades realizadas polo noso alumnado dos Programas Formativos Básicos de Comercio e de Industrias alimentarias no IES de Catabois foi a realización do video que aparece a continuación cos debuxos, feitos por eles/as,  relacionados coa lectura do conto "Las medias rojas"





luns, 26 de abril de 2021

 

MÓDULO MANEXO DE CARRETILLAS ELEVADORAS


Os días 12 e 13 de abril a empresa Rilo Maquinaria impartiu a formación  sobre o manexo da carretilla elevadora e a transpaleta para o curso de Operacións auxiliares de elaboración na industria alimentaria

O alumnado realizou as prácticas nunha Carretilla Manitou MI 25D acompañando sempre estas prácticas coa información pertiennte sobre os riscos laborais existentes cando se realiza este tipo de traballo. 



Este curso favorece a empregabilidade do noso alumnado, xa que lles permite realizar tarefas relacionadas co manexo de cargas. 

Estamos agradecidos á empresa pola súa implicación nesta formación do noso alumnado



martes, 16 de marzo de 2021


ORIENTACIÓN LABORAL CON PERSPECTIVA DE XÉNERO

O día 9 de marzo co motivo do Día Internacional das Mulleres realizouse unha actividade organizada por Carmen Río, coordinadora dos PFB, Belén García, Orientadora educativa, Iria Méndez, profesora de igualdade e Sonia Prados, preparadora laboral, para todo o centro IES de Catabois, este ano adicado a mulleres da nosa contorna que fan que o mundo sexa máis igualitario.


Invitouse a dona Evangelina Hermida, muller de 90 anos, poeta e amante da terra e do mar, que, dende Valdoviño, nos falou da súa experiencia como percebeira e da súa loita para coidar da familia facéndose cargo dos traballos reproductivos nunha vila rural á vez que de traballos productivos de lavandeira, cociñeira e froiteira, e como di ela “podía con todo”.


Tamén participou no evento dona Mª Teresa Gómez , directora deste centro educativo, facendo fincapé na cantidade de mulleres nas dirección dos centros educativos, que aínda que todavía non se chega á paridade este número vaise incrementando. Explicou tamén, con respecto ás relacións laboráis que aínda se detectan, nalgúns ámbitos, expresións micromachistas para referirse as mulleres.

Seguidamente falou Paula Meizoso Alonso. Contounos que as súas gañas de facer o que máis lle gustaba levárona a estudar o 1º ciclo superior de FP de Electrónica, onde foi a única alumna, e mais adiante, tendo claro que o que quería era adicarse ao mundo da informática, recíclase e estuda o 2º ciclo superior de FP de Administración de redes informáticas que lle levou ao seu traballo actual iniciado xa coas prácticas na empresa.

A continuación relátanos a súa experiencia dona Carmen Río Reboredo, profesora de tecnoloxía, cando foi estudante de Ciencias Físicas, onde, naqueles anos, os seus profesores de universidade, sobre todo os de obradoiro, lle dicían explicitamente que aquel non era lugar para mulleres e que tiveron que demostrar que valían e loitar por aquel sitio.

Invitouse a tres alumnas unha dos PFB Rebeca Morales Núñez e dúas de 4º da ESO Sara Lorenzo e Alba Montero.

Rebeca que agora está neste curso co único obxectivo de conseguir un contrato laboral, contounos a súa experiencia migratoria en dous países Perú e España, falounos das dificultades polas que teñen que pasar as persoas cando deciden facer uso do seu dereito a migrar, dificultades xurídicas, burocráticas e de dobre discriminación por ser muller e migrante


Alba e Sara describíronnos como lles gustaría que fose a súa vida dentro de dez anos, polo que se enfrentan a decisións sobre o seu futuro laboral, para o cal entenden que é necesario que exista conciliación laboral e corresponsabilidade nos coidados coas súas futuras parellas.


Agora veñen os agradecementos 1º ás poñentes da mesa pola súa presenza na mesma, tanto física como virtual, ao claustro e ao resto do alumnado do IES que, aínda que con moitas limitacións técnicas, puido seguir a videoconferencia e participar coas súas preguntas a través do chat

mércores, 27 de xaneiro de 2021

 COMEZO DAS PRÁCTICAS NON LABORAIS NOS PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS

O alumnado dos Programas Formativos Básicos con convenio entre as Consellerías de Emprego e Educación, xa levan dende o 8 de xaneiro no periodo de Prácticas non Laborais (PNL) que rematará o 22 de xuño.


Dos 30 alumnos seleccionados que iniciaron o curso no mes de outubro, 23 dos 2 cursos que se imparten nos IES de Catabois, son os que se incorporan ás prácticas. 

Estes alumnos realizan as prácticas en 2 empresas da comarca do sector da alimentación alimentación e comercio, Distribuciones Froiz e Alcampo

Un dos obxectivos deste Programa Formativo é a inserción laboral do alumnado. E neste sentido, dos 48 alumn@s que remataron o curso 2019-2020, 18 (37,5%) conseguiron un contrato de traballo.

A subcomisión técnica dos Programas Formativos básicos agradecemos a colaboración de todas as empresas que participan desinteresadamente na formación do noso alumnado. Especialmente este ano, o seu esforzo é doblemente considerado debido á situación sanitaria na que nos atopamos, o personal responsable da formación en ditas empresas está tendo a mesma implicación co alumnado 






martes, 19 de xaneiro de 2021

TALLER DA FELICIDADE

 

 

 O 22 de decembro tivemos a sorte de participar nun Taller de Felicidade, impartido pola Doutora en Socioloxía e experta en recursos humanos, Raquel Pérez García, durante algo máis de tres horas estivemos aprendendo e compartindo experiencias. Foi unha boa despedida para o primeiro trimestre, no segundo trimestre esperamos seguir subindo pasos por esta escaleira que é APRENDER.










 

venres, 18 de setembro de 2020

 Lista admitidos Industrias alimentarias

O luns ás 11:30 temos unha reunión no IES de Catabois para indicarvos que documentación tedes que presentar para a matrícula.

Lista de Admitidos Comercio 

O luns 21  ás 10 da maña temos unha reunión no IES de Catabois para  indicarvos que documentación fai falla para a matrícula .