COMEZO DAS PRÁCTICAS NON LABORAIS NOS PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS
"Oportunidades laborais na comarca de Ferrolterra: Descubre os Programas de formación para o emprego impulsados por un Convenio entre a Consellería de Educación e a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia".
Entidades participantes
mércores, 27 de xaneiro de 2021
martes, 19 de xaneiro de 2021
TALLER DA FELICIDADE
O 22 de decembro tivemos a sorte de participar nun Taller de Felicidade, impartido pola Doutora en Socioloxía e experta en recursos humanos, Raquel Pérez García, durante algo máis de tres horas estivemos aprendendo e compartindo experiencias. Foi unha boa despedida para o primeiro trimestre, no segundo trimestre esperamos seguir subindo pasos por esta escaleira que é APRENDER.
venres, 18 de setembro de 2020
Lista admitidos Industrias alimentarias
O luns ás 11:30 temos unha reunión no IES de Catabois para indicarvos que documentación tedes que presentar para a matrícula.
O luns 21 ás 10 da maña temos unha reunión no IES de Catabois para indicarvos que documentación fai falla para a matrícula .
martes, 30 de xuño de 2020
FIN DE CURSO 2019/2020
Esperamos que o voso futuro siga coas mesmas boas expectativas.
venres, 22 de maio de 2020
REMATE DA FASE DE FORMACIÓN EN CENTROS DE TRABALLO
O alumnado dos PFB-AFD Comarca Ferrolterra iniciou en xaneiro a fase de FCT e foi cancelada o 12 de marzo polo estado de alarma. En función deste período de tempo, está cumplido o mínimo de horas establecidas na mencionada resolución.
Por todo isto COMUNICAMOS o remate da fase de FCT do curso 2019/2020 con data 13 de marzo de 2020.
Non tardaremos en volvernos a ver. Moito ánimo a todas e todos!!
domingo, 29 de setembro de 2019
PRESENTACIÓN OFICIAL DO CURSO E SINATURA DE CONVENIO

Ás 11,30h. asinouse o convenio de colaboración entre os institutos participantes e as empresas de formación, a saber:
Institutos: Empresas:
IES Canido Gestión Plus SLU
IES de Catabois Limpiezas Limbes SL
IES Ferrol Vello Distribuciones Froiz SA
IES Fernando Esquío Rilo Maquinaria SL
Este primeiro período de formación impartido por estas empresas nos seus centros de formación, é moi importante para afrontar e xaneiro a fase de prácticas en todo tipo de empresas da comarca.
Todos deron en resaltar a importancia destes programas na comarca que, cunha traxectoria de 18 anos, levaron a moitos rapaces e rapazas a insertarse no mundo laboral. Con este desexo para todas e todos...














