mércores, 6 de febreiro de 2019

COMEZO DAS PRÁCTICAS NON LABORAIS


Dende o día 9 de xaneiro se están incorporando á realización das prácticas non laborais os alumn@s dos Programas Formativos Básicos con convenio entre as Consellerías de Emprego e Educación.





Dos 75 alumnos seleccionados que iniciaron o curso no mes de outubro, 56 dos 5 cursos que se imparten nos IES de Ferrol: Catabois, Ferrol Vello, Canido e Fernando Esquío de Neda, son os que se incorporan ás prácticas.




Estes alumnos realizan as prácticas en 24 empresas de diferentes sectores económicos de Ferrol e comarca: alimentación, comercio, hostelería, almacén, limpeza, farmacéutico, automoción, maquinaria, xardiñeiría, cooperativismo agrario, fogar, etc.






As  prácticas  non laborais rematarán o día 21 de xuño.

Un dos obxectivos deste Programa Formativo é a inserción laboral do alumnado. E neste sentido, dos 44 alumn@s que remataron o curso 2017-2018, 22 (50%) conseguiron un contrato de traballo.



A subcomisión técnica dos Programas Formativos básicos agradecemos a colaboración de todas as empresas que participan desinteresadamente na formación do noso alumnado.

Ningún comentario:

Publicar un comentario