Dende o día 9 de xaneiro se están
incorporando á realización das prácticas non laborais os alumn@s dos Programas
Formativos Básicos con convenio entre as Consellerías de Emprego e Educación.
Dos 75 alumnos seleccionados que
iniciaron o curso no mes de outubro, 56 dos 5 cursos que se imparten nos IES de
Ferrol: Catabois, Ferrol Vello, Canido e Fernando Esquío de Neda, son os que se
incorporan ás prácticas.
Estes alumnos realizan as prácticas en 24 empresas de diferentes sectores económicos de Ferrol e comarca: alimentación, comercio, hostelería, almacén, limpeza, farmacéutico, automoción, maquinaria, xardiñeiría, cooperativismo agrario, fogar, etc.
Un dos obxectivos deste Programa
Formativo é a inserción laboral do alumnado. E neste sentido, dos 44 alumn@s
que remataron o curso 2017-2018, 22 (50%) conseguiron un contrato de traballo.
A subcomisión técnica dos Programas Formativos básicos agradecemos a colaboración de todas as empresas que participan desinteresadamente na formación do noso alumnado.