martes, 14 de maio de 2019

RCP (Reanimación Cardio-Pulmonar)

O Servizo de Formación da Área Sanitaria de Ferrol pertencente ao SERGAS impartiu un obradoiro de RCP ao alumnado dos Programas Formativos Básicos. O obxectivo fundamental é a rápida actuación ante a posibilidade de parada cardiorespiratoria.


En Galicia as enfermidades cardiovasculares constitúen un dos problemas de sáude máis importantes. Debemos concienciarnos da importancia do recoñecemento dos sinais de morte súbida, así como das técnicas básicas para a reanimación cardiopulmonar. A RCP duplica as posibilidades de supervivencia da vítima.

Salvar unha vida pode estar nas nosas mans!!!

IMAXE PERSOAL

Un ano máis, o IES Carvalho Calero organizou un obradoiro Imaxe Persoal. Outra faceta a coidar nesa formación integral de cara ao mundo laboral. É a nosa carta de presentación no instituto, pero tamén no traballo, nunha entrevista.
As  alumnas do 2º curso do ciclo de grao medio de Estética e Beleza fixeron unha presentación cunhas normas básicas de aseo e coidado persoal. A continuación, fixeron unha práctica cun cambio de imaxe de tres alumnas que, cun atuendo e aspecto propios dunha actividade cotiá, como é ir ao instituto, foron "transformadas" (peiteado, maquillaxe e roupa) para ir a unha entrevista de traballo.



martes, 7 de maio de 2019

CARRETILLAS ELEVADORAS E VISITA A GADISA

 Dentro da formación integral do alumnado, é importante aportar aquela máis directamente relacionada co traballo a desempeñar. Nesta ocasión, o curso de carretillas elevadoras foi unha desas actividades, desenvolvida na empresa Rilo Maquinarias, polo alumnado dos perfís de Almacén e Industrias Alimentarias
Como complemento, realizaron tamén unha visita guiada ao centro loxístico que Gadisa ten no Polígono industrial de Piadela, en Betanzos. 
Alí puideron ver a embergadura da xestión e almacenamento de miles de artigos que non necesitan refrixeración, e a súa distribución a todos os puntos de venta.

PROGRAMA DESCUBRE-No bloquees tu salud mental (FEAFES GALICIA)

É un programa de sensibilización e prevención sobre saúde mental e adicións desenvolvido pola Confederación e a rede SALUD MENTAL ESPAÑA e financiado polo Plan Nacional sobre Drogas (PNSD) do Ministerio de Sanidade, Servicios Sociais e Igualdade.
Os obxectivos básicos deste programa son:
  • Ofrecer unha información non sesgada, actualizada e orientada cara a prevención do consumo de drogas, a concienciación sobre a importancia da saúde mental e a relación entre ambas.
  • Concienciar sobre o importante papel que xogan os diferentes actores sociais dentro do sistema educativo (profesorado, familia e/ou persoas achegadas, e o alumnado ou grupo de iguais) no desenvolvemento persoal da infancia e a xuventude.


  • Saber identificar os signos temperás de problemas de saúde mental e promover unha rápida demanda coñecendo os diferentes recursos e dispositivos de apoio e atención
  • Minimizar as pegadas do estigma, creando un ambiente optimista e realista sobre os transtornos mentais e o consumo de drogas.

EMPREGO CON APOIO


O emprego con apoio é unha das funcións dos/as preparadores/as laborais dos Programas Formativos Básicos.
Trátase dun acompañamento, adestramento ou guía do/a alumno/a no mesmo posto de traballo, co obxectivo de que poda realizar por el/ela mesmo/a unha actividade laboral, de xeito autónomo, nun momento determinado da súa traxectoria vital.
Un bo traballo!!!