xoves, 1 de novembro de 2018

UNHA FORMACIÓN MÁIS PRÁCTICA





Xa estamos en ruta, e o alumnado estase formando nas empresas e centros de formación; xa coas mans na masa... e nunca mellor dito nalgún caso!!!







Será nos Centros de Formación onde vos formaredes nun oficio, o que vos permitirá poder acceder a un posto de traballo no mes de xuño (ou antes!!!!)





AGORA DEPENDE DE VÓS QUE TODOS ESTES OBXECTIVOS SE CUMPLAN

MOITO ÁNIMO E MOITA SORTE A TODAS E TODOS!!!!

ROTEIRO "FERROL REBELDE"


"Ferrol Rebelde" é unha actividade organizada pola concellalía de Participación Cidadá do Concello de Ferrol. Un roteiro por aqueles sitios emblemáticos da historia obreira da cidade e de Galiza dos últimos 100 anos. Os pasados días 23 e 24 de outubro, o alumnado do IES Canido e IES Ferrol Vello realizaron esta actividade, xunto con Olga, a nosa historiadora particular, que ilustrou coma ninguén cada unha das paradas coas súas amenas e rigorosas exposicións.

A nosa cidade é berce dunha longa estirpe de rebeldes que fixeron de Ferrol un referente da dignidade proletaria. O obxectivo é divulgar a historia do pobo traballador, das mulleres e dos homes que loitaron pola conquista dos dereitos democráticos: Amalia Fraguela, Pablo Iglesias (na foto o monumento), Francisco Fernández García-"Pedrosa", o Centro Obreiro de Cultura, Moncho Reboiras, Amador Rey e Daniel Niebla,...


  • NON ESQUEZAMOS ás persoas que loitaron polo que agora vemos con normalidade e sigamos traballando por mellorar: os dereitos dos traballadores e traballadoras, a democracia, a nosa cultura...
  • LOITEMOS por manter todo aquelo polo que tantas persoas perderon a vida, e facerlles xusta homenaxe transmitindo aos nosos fillos e fillas todos estes valores.

INICIO DE CURSO E SINATURA DE CONVENIO

O Centro Cultural Carvalho Calero, en Ferrol, foi o escenario do acto de inauguración do curso 2018-2019.

Alí se xuntaron todos os alumnos e alumnas admitidos este curso, así como os/as representantes dos institutos participantes e das empresas de formación para asinar o convenio de colaboración que nos permite dar o primeiro paso na formación do alumnado, imprescindible para poder desenvolver o seu traballo posteriormente nas empresas:
IES Canido                     Gestión Plus
IES de Catabois              Alcampo
                                        Limbes
IES Ferrol Vello              Froiz
IES Fernando Esquío      Rilo

O novo curso trae a ilusión de todos os participantes, do novo alumnado..., novas forzas, novos azos que nos farán avanzar un ano máis.