venres, 8 de xuño de 2018

2018/2019 PROGRAMAS FORMATIVOS BÁSICOS


FPB Comarca Ferrolterra






                                                           


CURSO 2018 / 2019

ADMISIÓN, SELECCIÓN E MATRÍCULA


- Requisitos:
  • 16 anos cumpridos o día 1 de outubro
  • Non ter a ESO ou titulación equivalente nin superior
  • Superar un proceso de selección no mes de setembro
- Presentación de solicitudes de admisión:
  • Descarga aquí o modelo de solicitude, elixe as especialidades por orde de preferencia:
    • Hostelería
    • Comercio
    • Limpeza
    • Industrias alimentarias
  • Prazo: do 2 ao 13 de xullo e do 3 ao 14 de setembro
  • Podes presentar a solicitude en calquera dos catro institutos participantes:
    • IES Canido
    • IES Catabois
    • IES Ferrol Vello
    • IES Fernando Esquío
- Entrevistas:
  • 17 e 18 de setembro
- Publicación de admitidos/as:
  • 19 de setembro
     - Reunión cos seleccionados/as:
  • 20 ou 21 de setembro
- Presentación pública:
  • xoves, 27 de setembro
- INICIO DO CURSO
  • 1 de outubro nos institutos
  • 3 de outubro nas empresas de formación


HOTEL ALMIRANTE: A ENTREVISTA É UN BO INICIO

O Hotel Almirante, da cadea Carrís Hoteles, leva colaborando co noso programa, como empresa de prácticas, hai moitos anos. Hai cousa dun par de meses, a Subdirectora do hotel, Mercedes Porto Brage, propúxonos realizar unha actividade de Búsqueda activa de emprego cos alumnos e alumnas, como é a entrevista de selección de persoal. Despois de que cada un deles/as lle enviara unha carta de presentación e o currículum vítae por correo electrónico, ela entrevistaríaos/as como se tivera que cubrir un posto de traballo real no hotel.

As alumnas e alumnos participantes, dos institutos de Canido e Ferrol Vello realizaron o pasado martes día 5 de xuño a entrevista, que foi gravada para despois ser analizada en grupo.

Mercedes Porto participou en todas as fases da actividade, dándolles ideas e moi bos consellos para ter éxito nesa primeira toma de contacto coa empresa. Quedamos encantados con esta iniciativa, tanto o alumnado coma nós.

Pero a sorpresa veu ao día seguinte: Mercedes chamou a cinco destes alumnos/as para ofrecerlles un contrato de traballo.

Esta é a nosa idea de comezo dunha vida laboral, experiencias reais na empresa que axuden aos rapaces e rapazas a atopar un primeiro traballo. Moitas grazas Mercedes pola túa implicación e...

... parabéns para os que ides comezar unha nova vida, a laboral!!!!!

OBRADOIRO DE EDUCACIÓN VIARIA


Grazas á colaboración da asociación AESLEME e o programa “Pódeche pasar a ti”, o poñente Juan Antonio Gutiérrez Mosquera mostroulle aos alumnos e alumnas vídeos sobre os perigos de conducir baixo os efectos de alcohol e drogas, e de que xeito os impactos nun accidente de tráfico poden incidir na túa vida futura, se é que non a perdes, como sucede en moitos casos.
AESLEME (Asociación para o Estudo da Lesión Medular Espinal) é unha asociación dedicada á prevención daqueles accidentes que provocan lesións medulares e cerebrais, así como á sensibilización social, non só para diminuir a cifra de falecidos e feridos, senón tamén para transmitir á poboación os problemas –sociais, psicolóxicos e físicos- aos que se enfrontan as persoas discapacitadas despois dun accidente.
O poñente tamén nos mostrou como unha persoa nunha cadeira de rodas ten que adaptarse á nova situación, e cómo ten que solventar as distintas dificultades coas que se atopa, facendo fincapé en que depende de todos nós, respectar aos que teñen limitada a súa mobilidade e acceso, tanto físico como intelectual, á vida cotiá.
Toda unha lección de vida para os nosos alumnos que esperamos que tomen nota.